Estado:
Texto:
Mostrando NOTICIA Nº 24
MEIRO CONSEGUE APOIO INTERNACIONAL PARA DIFUSIóN MILLO CORV
[24-09-2006]
 
É o único producto galego e un dos poucos españoles que consegue este reconocemento

Meiro consegue apoio internacional para a difusión do millo corvo e o levará a Italia. A organización Slow Food acaba de integrar este cereal no catálogo do "Arca do Bo Gusto".

O millo corvo de Meiro traspasa fronteiras. Este producto tradicional acaba de ser incluido dentro do prestixioso catálogo do "Arca do Bo Gusto", da organización internacional Slow Food (comida lenta.

Esta variedade de millo que se cultiva na aldea buenense é un dos poucos productos de España incluidos neste listado e é o único en toda Galicia. Este recoñecemento supón un espaldarazo á Asociación Cultural Meiro, que iniciou a sua recuperación fai case unha década, e ademáis serviralle para gañar proxeción internacional. O colectivo participará na Feria Terra Madre, que tendrá lugar na cidade italiana de Turín entre o 26 e o 30 de outubro, e noutras xornadas que se celebrarán na Toscana, tamén en Italia.

Slow Food é unha organización que foi creada no 1986, está presente en máis dun centear de países e conta con máis de 80.000 integrantes. A inclusión do millo corvo no seu catálogo do "Arca do Bo Gusto" decidiuse por unanimidade da comisión nacional e do comité internacional da entidade. Os obxetivos desta inicitiva consisten en "recuperar, catalogar, delimitar e promocionar sabores e productos tradicionais que están en perigo de extinción". O fin é "protexer e preservar productos autóctonos e de excelencia gastronómica, preservando o medio ambente e a biodiversidad en todo el mundo".

Requisitos

Un dos responsables desta organización, Afonso Ribas, estivo onte na aldea buenense de Meiro e asegurou que o millo corvo cumple estos requisitos. "Incluiuse porque é un producto minoritario e en vías de extinción. A sua existencia circunscribese á aldea de Meiro e aquí existe unha resistencia e unha actividad cultural moi importante", subraoiu Ribas. Resalta que "A Asociación Cultural Meiro fixo un gran traballo restaurando muiños e recopilando vellos instrumentos de labranza" e sostén que "pode ser un catalizador perfecto para outros productos galegos tradicionais".

A presidenta da asociación buenense non ocultou onte a sua satisfación por este recoñecemiento. "É unha ledicia enorme porque levamos dez años traballando arreo e cada vez hai máis xente que nos anima a continuar", asegura Victoria Martínez. A inclusión dentro do "Arca do Bo Gusto" supón "un empuxe moi importante porque nun traballo como éste sempre hai momentos baixos coma os ataques dos xabaríns ás colleitas ou cando as administraciones non se implican todo o que deberían", subraiou a presidenta do colectivo. Martínez tamén aproveita para reivindicar-lo coraxe da aldeas e dos productos tradicionais e remarca que "xa non son conceptos que se asocian con pobreza ou atraso senon que son sinónimo de calidade de vida".

Faro de Vigo
Domingo 24 Septiembre 2006
Edición digital n. 2761
 
Páxina oficial de Slow Food
 
A Asociación xunto Alfonso Ribas