Hai xa unha década que a moa do muíño botou a andar de novo na aldea. A través desta xanela, a Asociación Cultural Meiro convídate a coñecer a labor desenvolvida nestes anos en prol do patrimonio cultural, etnográfico, medioambiental e gastronómico. Unha tarefa que xira arredor do Rexurdir do Millo Corvo.
Lembrando e valorando o bo facer dos nosos antergos traballamos no presente mirando cara o futuro, ensinándolles aos nenos o valor da biodiversidade e convidándoos a participar dos sucesivos procesos do cultivo da espiga moura, empregando os apeiros dos nosos antergos no que podería considerarse un museo interactivo vencellado o que se deu en chamar artesanía agroalimentaria.
Sen esquecernos das nosas raíces, tendo sempre presente que 'para colleitar soños hai que sementar realidades'.

27-08-2010
Por décimo quinto ano consecutivo toca engrasar e poñer a punto as bicicletas e os triciclos, xa que o vindeiro domingo 5 de setembro de 2010 celebrarase a XV Concentración de Bicicletas en Meiro (Bueu). A concentración de bicicletas terá lugar ás 10:00 horas no recinto de A Morad...
07-04-2009
Con data do 08 de abril de 2009, o Encontro Degustación do Millo Corvo foi declarado Festa de Galiza de Interese Turístico pola Consellería de Innovación e Industria, por ser unha festa “cunha singularidade manifesta, polas actividades desenvolvidas. A Festa do Millo Corvo non só se...
24-09-2006
É o único producto galego e un dos poucos españoles que consegue este reconocemento Meiro consegue apoio internacional para a difusión do millo corvo e o levará a Italia. A organización Slow Food acaba de integrar este cereal no catálogo do "Arca do Bo Gusto". O ...
Ésta páxina Web en Galego tivo unha axuda otorgada pola Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Comunicación, Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual)