Hai xa unha década que a moa do muíño botou a andar de novo na aldea. A través desta xanela, a Asociación Cultural Meiro convídate a coñecer a labor desenvolvida nestes anos en prol do patrimonio cultural, etnográfico, medioambiental e gastronómico. Unha tarefa que xira arredor do Rexurdir do Millo Corvo.
Lembrando e valorando o bo facer dos nosos antergos traballamos no presente mirando cara o futuro, ensinándolles aos nenos o valor da biodiversidade e convidándoos a participar dos sucesivos procesos do cultivo da espiga moura, empregando os apeiros dos nosos antergos no que podería considerarse un museo interactivo vencellado o que se deu en chamar artesanía agroalimentaria.
Sen esquecernos das nosas raíces, tendo sempre presente que 'para colleitar soños hai que sementar realidades'.

24-06-2009
O vindeiro venres 3 de xullo celebrarase na Casa da Aldea de Meiro (Bueu) un monográfico sobre Encaixe Frivolité, tamén coñecido como encaixe de lanzadeira. Esta actividade realizarase de 17:30 a 19:30 horas. O monográfico sobre esta técnica de encaixe será impartido por Celia Jorge Sot...
07-04-2009
Con data do 08 de abril de 2009, o Encontro Degustación do Millo Corvo foi declarado Festa de Galiza de Interese Turístico pola Consellería de Innovación e Industria, por ser unha festa “cunha singularidade manifesta, polas actividades desenvolvidas. A Festa do Millo Corvo non só se resume...
08-02-2009
Esta celebración de artesanía agroalimentaria é a culminación anual dun ciclo de traballo a prol da recuperación deste millo escuro que abrangue máis de 10 anos. PROGRAMACIÓN: • XORNADAS EDUCATIVAS XORNADAS DIDÁCTICAS, “CICLO DO PAN” Realizaranse entre os días 16 ao 27 de marzo....
28-07-2008
O vindeiro domingo día 3 de agosto de 2008 celebrarase unha xornada de lecer e contacto co medio ambiente, coa cultura e co patrimonio no entorno dos muíños na zona do Canudo (Meiro – Bueu). A organización desta romería e foliada ten a finalidade de recaudar fondos para a restauración d...
24-09-2006
É o único producto galego e un dos poucos españoles que consegue este reconocemento Meiro consegue apoio internacional para a difusión do millo corvo e o levará a Italia. A organización Slow Food acaba de integrar este cereal no catálogo do "Arca do Bo Gusto". O millo c...
Ésta páxina Web en Galego tivo unha axuda otorgada pola Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Comunicación, Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual)